O GMPP denuncia o retraso das obras de urbanización de Torrentes.
Lembran que foron adxudicadas polo PP e que xa tiñan que estar rematadas a principios de 2008.
Aseguran que o retraso perxudica ós propietarios.
O GMPP burelés indicou hoxe a través dunha nota de prensa, logo de facer unha vista ó barrio de O Campón, que as obras de unidade de actuación de Torrentes levan un retraso dun ano, só por culpa do alcalde, que non move a documentación que el mesmo require á dirección de obra e á empresa que fai as obras de urbanización.
O PP hembra que as obras foron adjudicadas polo PP en abril de 2007, cun prazo de execución de dez meses, co que deberían estar rematadas hai cáseque un ano, a principios de 2008.
Para o PP, este retraso só responsabilidade do alcalde, porque tanto a empresa coma a dirección de obra fixeron sempre o que tiñan que facer con celeridade, ante a aparición dunha bolsa de caolín e de outra de roca. En troques, o alcalde retrasou en todo momento as respostas que tiña que tramitar o concello por escrito, de aí que as obras esteñan agora como están, coa explanación e canalizacións feitas, pero nada máis.
Esta situación, que se pode prolongar por outros cinco ou seis meses, está a perxudicar ós propietarios, porque moitos deles queren ter as fincas perfectamente definida para poder actuar, dun xeito ou de outro, com elas.
Igualmente, hai un retraso considerable nas obras complementarias da unidade de actuación, xa que se dixo que rematarían no verán pasado, e logo de seis meses ainda hai obra por facer. Obras, que por certo, pagan os propietarios de Torrentes, e nas que o concello non pón nin un solo euro.
Polo tanto, o que demandamos do concello é mais axilidade, mais traballo, e mais compromiso á hora de tomar decisións. O alcalde xá sabemos que é lento, pero en Torrentes estase a xogar con propiedades e con personas, e non se pode tolerar semellante lentitude.
Finalmente, indicar que o Bloque tén tamén responsabilidade neste retraso, e non nos valen as pullas que lanzan no seu boletín neste asunto. Eles tamén son goberno, e o que non se pode ser é goberno pola mañán e oposición pola tarde.
O PP reúnese hoxe coa asociación de veciños das Casas Baratas e con veciños no Restaurante os Remos.
O PP de Burela continúa co ciclo de reunións con colectivos e asociacións. Así hoxe pola tarde manterá unha reunión coa asociación de veciños das Casas Baratas e unha segunda con veciños no Restaurante Os Remos.
O PP valora positivamente a reunión mantida no dia de onte co Vencello porque serviu para coñecer de primeira man as inquedanzas do colectivo en relación cós problemas que tén o concello, e que a xuizo do PP se acrecentarán pola falla de recursos económicos e pola escasa ou nula capacidade de traballo do alcalde e do seu equipo.
En Burela,a vintedous de Xaneiro de dous mil nove.