Nota de Prensa
O PP lembra que o investimento da Deputación en Burela desde Maio-2007 foi de cero euros.
Os populares afirman que as axudas das que se vanagloria o alcalde xa as había “dende hai vinte anos”.
Aseguran que o investimento da Deputación do PP en 2006 e ata Maio-07 foi de cáseque cen millóns de pesetas.
O Portavoz do GMPP burelés e portavoz adxunto do PP na Deputación, José María González Barcia, indicou hoxe que o investimento de fondos propios da Deputación en Burela desde Maio de 2007 hasta agora é de cero euros.
Barcia lembra que, en cambio, en todo o 2006 e hasta Maio de 2007 foi de cáseque cen millòns das antigas pesetas, distribuídos en douscentos cincuenta mil euros na renovación da estrada Burela-San Cibrao hasta A Marosa, outros tantos na nova ponte sobre FEVE na Casilla, e sesenta mil euros nas pistas de tenis tamén na Marosa, así como a reposición da cuberta da tribuna sur do campo de fútbol.
O portavoz popular afirma tamén que as axudas das que agora se vanagloria o alcalde non foron aprobadas hasta o pasado trinta de Decembro, e que estas xa existen desde hai vinte anos, por certo, sempre criticadas polos socialistas. Concretamente, Barcia lembrou que xa a princípios dos anos noventa a Deputación concedera axudas para a área recreativa do Monte Castelo por tres millóns das antigas pesetas e tamén para o arranxo da iglesia da Vila do Medio . Polo tanto, Barcia asegura non saber de que presume o alcalde, porque a verdade é que el neste asunto non puxo nin un minuto de traballo, como tampouco o pón para outras cuestións.
González Barcia recoñece a bondade das axudas, e tamén hai que recoñecer o traballo de O Vencello, que sempre colaborou co concello. Pero tamén afirma que o asfaltado de camiños públicos comenzou co PP, a petición do colectivo veciñal, e só hai que darse unha volta por Foxo ou por Castrelo dirección Perdouro, para comprobalo. Semella que o alcalde vén de inventar a pólvora, cando el non foi capaz de acabar, tal e como estaba prevista, a obra de acondicionamento dun camiño-sendeiro peatonal na zona de Perdouro-Cantiño, o que demostra a súa incapacidade e falla de xestión.
Finalmente, o portavoz popular e viceportavoz na Deputación lembra que nada se sabe da obra de saneamento da Casilla á Marosa, que leva parada ano e medio, adxudicada polo anterior equipo da Deputación, o que trae consigo que se poida perder un investimento de cento vinte mil euros.