RIVERA NON CUMPRE NIN AS SUAS PROPOSTAS
No pleno de xuño do 2008, o concello de Foz, aproba unha Ordenanza proposta polo PSOE, na que se regulaba o libramento e vertedura de terras e o trasporte de vehículos pesados polas pistas do noso Concello, no que nun dos seos artigos deixa claro que “precisará de autorización municipal na que se fixará unha ruta obrigatoria por onde deben transitar os camións previo informe dos servicios técnicos que fixarán a prestación dunha fianza”, a cal, non será devolta ata que os servicios técnicos den o visto bo a zona de transito, unha vez acabado o transporte por esa ruta.
Pois o Partido Popular de Foz, unha vez mais, ten que denunciar a pasividade de Rivera ante a cantidade de pistas que se estan a desfacer por estes feitos, demostrando que os intereses de Rivera non son os de defender os veciños das parroquias, que teñen que ir todos os días para as súas casas por verdadeiras corredoiras de lama e cheas de furados, que os camións deixan nas pistas, sen que ninguén do Equipo de Goberno diga nada. E o mais grave é que despois estas pistas se reparan con cartos públicos.
Rivera outra vez demostra a quen defende, pois, ni as ordenanzas que o PSOE presenta fai cumprir a aqueles que poden favorecelo mais. Logo Rivera citará o arreglo das pistas como un traballo importante, cando a realidade é, que está pagándolle a empresas privadas con cartos públicos, as obrigacións que estas teñen.
Non e a primeira ordenanza que Rivera incumpre en beneficio de uns poucos, xa citamos noutra ocasión que na Ordenanza de ocupación de vía publica Rivera fai o que lle peta, cobrando o que quere, cando quere e a quén quere.
Rivera é un Alcalde que se fai moita publicidade a se mesmo, que fai de Policía Municipal, de bombeiro, de electricista, e de un sinfin de funcións que demostra a súa incompetencia para xestionar, pois a súa obriga é, que os servicios municipais funcionen, non que él sexa o protagonista. Os veciños non lle pagan o soldo para ser policía, nin bombeiro, páganlle para que o noso concello teña policías, electricistas, bombeiros barrendeiros, ……. que organizados fagan o seo traballo, que de seguro o farán mellor que Rivera.