Site icon Crónica3.com A Mariña

O polígono industrial de Cuiña dispón de rede de telecomunicacións sen fíos

CERVO .- O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, acompañado do alcalde de Cervo, Alfoso Villares, inaugurou esta mañá no concello lugués de Cervo a nova rede de telecomunicacións sen fíos do polígono industrial de Cuíña. Estas instalacións, desenvoltas con tecnoloxía Wimax, ofrecen cobertura de banda larga de calidade ás empresas localizadas no polígono e supuxeron un investimento por parte do departamento de Fernando Blanco de 71.200 euros.

————————–
Nota de Prensa do Concello de Cervo

O Alcalde de Cervo, xunto con outros membros do Goberno municipal acompañou ao Conselleiro de Innovación e Industria no acto inaugural da torreta que incorpora o equipamento coa tecnoloxía necesaria para dar servizo a esta nova rede de comunicacións sen fios

O CONCELLO DE CERVO PROMOVEU O ACCESO SEN FIOS A INTERNET DE BANDA LARGA NO PARQUE EMPRESARIAL DE CUIÑA

* O Concello de Cervo cedeu de balde un terreo de 28 metros cadrados contigou á nave de obras municipal para a instalación da nova torreta así como renunciou a calquera tributo que puidera derivarse do desenvolvemento das obras de instalación deste equipamento.

* A iniciativa enmárcase no acordo de colaboración asinado o pasado 18 de xuño entre o Concello de Cervo e a Consellería de Innovación e Industria para o desenvolvemento de novas redes de telecomunicacións, tras solicitar o Goberno municipal a subvención correspondente.

* O Alcalde de Cervo, Alfonso Villares, salienta que os novos retos “para os que nos gustaría contar coa colaboración e compresión da Xunta de Galicia como é o impulso do cinto industrial no contorno de Alcoa”

Cervo, 07 de xaneiro de 2008.- O Parque empresarial de Cuiña disporá de teconoloxía sen fios para acceso a internet de banda larga, novo servizo do que poderán beneficiarse todas as empresas alí situadas ou aquelas que no futuro poidan instalarse nesta área industrial do municipio. O Alcalde de Cervo, Alfonso Villares, acompañado do edil Antonio Basanta participou xunto co Conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, no acto inaugural da torreta que, situada nun terreo contiguo a nave de obras municipal, foi cedido ao efecto polo Concello de Cervo para que puidera instalarse nel a tecnoloxía necesaria para albergar esta nova rede de comunicacións.

A devandita infraestura é posible grazas grazas as xestións desenvolvidas polo Concello de Cervo que se acolleu a unha liña de axudas que concede a Consellería de Innovación e Industria para o desenvolvemento das redes de comunicación nos polígonos industriais. Para formalizar este compromiso ambas institucións asinaron un convenio de colaboración con data 18 de xuño de 2008 polo que o Concello de Cervo comprometíase a cesión gratuíta dun terreo de 28 metros cadrados para albergar a devandita torre de comunicacións e xunto a iso renunciaba aos ingresos tributarios derivados do desenvolvemento de ditas obras.

SERVIZOS PIONEIROS

As empresas do polígono industrial da Cuiña se están a caracterizar polo seu grande compromiso coas melloras técnicas e coa posta en marcha de recursos adicados ás novas tecnoloxías de I+D+i. Este novo servizo Wimax permitirá aos seus usuarios acceder a internet de banga larga co seus equipos de sobremesa, portátiles ou axendas electrónicas, sen necesidad de dispoñer de ningún tipo de fio e a unha velocidade de conexión e recepción de datos moi superior ás das redes WiFi convencionais.

O rexedor cervense subliñou a importancia de contar con este novo servizo toda vez que se está a producir unha clara evolución do mercado “As empresas demandan cada vez con máis asiduidade estes servizos de mobilidade, que permiten o acceso a Internet e ás redes LAN en calquera lugar e en calquera momento”. Ao mesmo tempo subliñou que ofrecendo este tipo de melloras e avances tecnolóxicos é posible potenciar o asentamento de novas empresas que poderían instalarse en Cuiña, “dando pé a novas oportunidades laborais e maior riqueza”. Neste mesmo senso subliñou que desde que o Goberno do Partido Popular accedeu ao Concello “incrementamos os servizos ofrecidos no polígono e a propia oferta de solo industrial, sempre coa colaboración das administracións competentes. Hoxe tamén ofrecemos unha mellor cobertura de Internet en todo o polígono, solventando unhas das principais deficiencias que presentan este tipo de áreas empresariais”.

CINTO INDUSTRIAL DE ALCOA

Por outra banda, o Alcalde de Cervo Alfonso Villares aproveitou a visita do Conselleiro de Innovación e Industria para subliñar aqueles retos de futuro nos que “precisaríamos contar coa colaboración e comprensión da Xunta de Galicia”. Neste senso subliñou que o Goberno galego non pode renunciar a posta en marcha do novo cinto industrial no contorno de ALCOA tal e como fixo o ano pasado tras deixar sen efecto o plan sectorial que o incluía. “Todas as administracións deben implicarse na tarefa de achegar novas empresas e crear novos postos de traballo. Nada mellor que facelo impulsando de xeito decidido esta nova área industrial no contorno dunha das multinacionais máis importantes do aluminio e verdadeiro motor económico da nosa comarca”.

Villares explicou que a creación do Polígono Industrial de Cuiña non estivo exento de polémica polo seu emprazamento -próximo á area de crecemento de San Ciprián- pero situado nun espazo céntrico entre esta poboación e a veciña vila de Burela, entonces integrada no municipio cervenese. En todo caso o Goberno municipal do Partido Popular impulsou o achegamento de novas empresas, como as piscifactorías e reactivou unha área industrial ata o momento infrautilizada. Hoxe o reto do futuro está no cinto do contorno de Alcoa, por ser un emprazamento ben comunicado, ideal para albergar grandes empresas cun mínimo impacto ambiental e próximo ao dique norte de Morás, que aspira a converterse nun novo porto comercial aberto ao tráfico xeral”

——————————-

Información da Concellería de Innovación e Industria

Fernando Blanco inaugura en Cervo a nova rede de telecomunicacións sen fíos do polígono industrial de Cuíña

A Consellería de Innovación e Industria desenvolveu unha instalación con tecnoloxía Wimax que dará cobertura de banda larga ás empresas localizadas no polígono e ás súas zonas estremeiras

O investimento destinado á nova infraestrutura, que inclúe unha torre de telecomunicacións e dúas antenas, ascende a 71.200 euros

O departamento de Fernando Blanco desenvolve infraestruturas similares en 32 polígonos do país cun investimento global de preto de 5 millóns de euros

Cervo, 7 de xaneiro de 2009. O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, inaugurou esta mañá no concello lugués de Cervo a nova rede de telecomunicacións sen fíos do polígono industrial de Cuíña. Estas instalacións, desenvoltas con tecnoloxía Wimax, ofrecen cobertura de banda larga de calidade ás empresas localizadas no polígono e supuxeron un investimento por parte do departamento de Fernando Blanco de 71.200 euros.

O conselleiro de Innovación e Industria considerou que a nova infraestrutura representa unha boa contribución para mellorar a actividade das empresas do parque de Cuíña e a súa capacidade de atracción empresarial. Hoxe en día, a xuízo de Fernando Blanco, a dispoñibilidade de conexión a internet por parte do sector empresarial é imprescindible para que poidan manter a súa competitividade produtiva e de servizos. No entanto, segundo explicou o titular nacionalista, aínda hoxe, cando xa todos os novos polígonos contemplan o servizo de banda larga dende a súa construción, unha parte dos existentes ou ben carecen del ou ben é deficiente.

Esta carencia é a que a Consellería de Innovación e Industria está a suplir coa instalación de sistemas de telecomunicacións sen fíos en 32 polígonos do país, cun investimento de preto de 5 millóns de euros e cos que se consegue dotar de banda larga de calidade o 92% dos parques empresariais existentes. Fernando Blanco avanzou que están rematados os equipamentos nos 12 primeiros parques contemplados, para implantárense de xeito progresivo os restantes 20 até o 15 de xuño, cando se conclúe a totalidade. Esta iniciativa, que se completará este mesmo ano co obxectivo de conectar o 100% dos polígonos, enmárcase no Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información posto en marcha pola Consellería.

A nova instalación Wimax do polígono de Cuíña de Cervo ocupa 28 metros cadrados de superficie. Consiste nunha torre de telecomunicacións que conecta co radio-enlace de Burela para captar o sinal e levalo mediante 2 antenas ao conxunto do parque empresarial e as súas zonas estremeiras nun radio de 1,5 quilómetros, co que parte das vivendas de San Cibrao, Espiñeirido e Gondrás, entre outras, poderán recibir o servizo. Ademais do acceso a Internet con largo de banda, velocidade e prezos competitivos tamén estará dispoñible a transmisión de voz sobre IP. Ofértanse servizos de entre 2 e 12 Megas, 10 contas de correo de capacidade de 1 GB con antispam e antivirus, acceso a mensaxería para a xestión de correos, mensaxes de voz e fax, envío de mensaxes xigantes e vídeo supervisión (cámaras vixía para ver e gravar o interior e o entorno da empresa).

Exit mobile version