Site icon Crónica3.com A Mariña

O pleno de Ribadeo trata o luns unha moción do PP, PSOE e UPRI sobre o Plan Sectorial do Solo Residencial

RIBADEO .- A corporación municipal de Ribadeo celebra o luns un pleno no que tratará diversos puntos entre os que se atopa unha moción dos grupos municipais do PP, PSOE e UPRI sobre o Plan Sectorial Galego do Solo Residencial en Ribadeo. Tamén someterán a ratificación o novo proxecto da ARI para Rinlo.

ORDE DO DÍA

En uso das atribucións que lle confire o art. 21.1 c) da Lei 7/85 esta Alcaldía RESOLVE convoca-lo Pleno do Concello para celebración de sesión para o día e hora que de seguido se expresa, sendo os asuntos comprendidos na Orde do día os que se indican:

PLENO    ORDINARIO
LUGAR:   Casa do Concello.

DATA:      19 de xaneiro de 2009 (Luns)         HORA:   20,00  horas.

ORDE DO DIA
 

1.Aprobación se procede da acta da sesión anterior de data 17 de novembro de 2008.

 

2.Dación de conta das Resolucións ditadas pola Alcaldia-Presidencia dende a número  235 de 3 de novembro de 2008 á nº 284 de 19 de decembro de 2008.

 

3.Ratificación novo proxecto da ARI para Rinlo.

 

4.Licenzas de primeira ocupación.

 

5. Conta Xeral do exercicio 2007.

 

6.Alegacións e aprobación definitiva de Ordenanzas Fiscais de taxas e impostos para 2009.

 

7.Alegacións e aprobación definitiva do Regulamento de Réxime Interior do Hospital.

 

8. Moción dos Grupos Municipais PP, PSOE e UPRI sobre o Plan Sectorial Galego doSolo Residencial en Ribadeo.

 

9. Rogos e Preguntas

 
 
Mandao e asinao o Sr.Alcalde, en Ribadeo a 15 de xaneiro de 2009, do que eu, Secretario dou fe.

 

O ALCALDE,                                                                                           O SECRETARIO XERAL,

Exit mobile version