RIBADEO .- A corporación municipal de Ribadeo celebra o luns un pleno no que tratará diversos puntos entre os que se atopa unha moción dos grupos municipais do PP, PSOE e UPRI sobre o Plan Sectorial Galego do Solo Residencial en Ribadeo. Tamén someterán a ratificación o novo proxecto da ARI para Rinlo.
ORDE DO DÍA
En uso das atribucións que lle confire o art. 21.1 c) da Lei 7/85 esta Alcaldía RESOLVE convoca-lo Pleno do Concello para celebración de sesión para o día e hora que de seguido se expresa, sendo os asuntos comprendidos na Orde do día os que se indican:
PLENO ORDINARIO
LUGAR: Casa do Concello.
DATA: 19 de xaneiro de 2009 (Luns) HORA: 20,00 horas.
ORDE DO DIA
1.Aprobación se procede da acta da sesión anterior de data 17 de novembro de 2008.
2.Dación de conta das Resolucións ditadas pola Alcaldia-Presidencia dende a número 235 de 3 de novembro de 2008 á nº 284 de 19 de decembro de 2008.
3.Ratificación novo proxecto da ARI para Rinlo.
4.Licenzas de primeira ocupación.
5. Conta Xeral do exercicio 2007.
6.Alegacións e aprobación definitiva de Ordenanzas Fiscais de taxas e impostos para 2009.
7.Alegacións e aprobación definitiva do Regulamento de Réxime Interior do Hospital.
8. Moción dos Grupos Municipais PP, PSOE e UPRI sobre o Plan Sectorial Galego doSolo Residencial en Ribadeo.
9. Rogos e Preguntas
Mandao e asinao o Sr.Alcalde, en Ribadeo a 15 de xaneiro de 2009, do que eu, Secretario dou fe.
O ALCALDE, O SECRETARIO XERAL,