Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo e os comerciantes organizan a Festa do Ourizo

CERVO .- O concelleiro de Turismo, Antonio Basanta, mantivo o pasado martes pola noite unha reunión co sector hostaleiro de San Ciprián para perfilar o que vai ser a vindeira edición da Festa do Ourizo, a celebrar nesta vila a mediados do vindeiro mes de marzo.

Na reunión o responsable de promoción turística cervense entrevistouse cos propietarios de bares e restaurantes “co fin de non deixar nada ao azar e garantir un bo desenvolvemento da xornada” indicou. Entre os temas abordados, Basanta salientou coma novidade a intención de alongar o horario de degustación dende primeiras horas do mediodía. Así mesmo, e coma xa ven sendo habitual noutros anos, os asistentes tamén comezaron a barallar a data máis idónea para celebrar a festa. “De momento non está fecha pechada porque dependemos das mareas para establecer a data de xeito coordinado co sector de mariscadores, pero previsiblemente será a mediados de marzo” indicou o concelleiro de Turismo cervense. Ademais, os asistentes tamén abordaron a unificación das tarifas das racións que se repartiran na festa.

Antonio Basanta quixo lembrar que a Festa do Ourizo de San Ciprián -que neste ano acadará a súa 18 edición- comezou sendo unha degustación gastronómica promovida por hostaleiros de la localidade e ten ido gañando peso hasta o punto de converterse nunha festa de Interese Turístico.

MÁIS ROLDAS DE REUNIÓNS

Esta xuntanza de onte é a primeira dunha serie de reunións que teñen previsto manter os distintos sectores implicados na organización da Festa do Ourizo có obxectivo de coordinar a estratexia a seguir de cara a por en valor o traballo desenvolvido durante este evento. Nese senso Basanta salientou a labor dos hostaleiros participantes “auténticos protagonistas da festa e sen os cales esta celebración non tería razón de ser” lembrou Basanta.

Exit mobile version