Site icon Crónica3.com A Mariña

O comité de empresa de Alcoa “condena o xenocidio do pobo palestino”

Nota de Prensa

CONDENA DO XENOCIDIO DO POBO PALESTINO

Xoves, 8 de Xaneiro de 2009. O Comité de Empresa de Alcoa en San Cibrao quere manifestar a súa firme repulsa polo salvaxes ataques que o goberno Israelí está realizando contra o pobo Palestino. Ataques que se poden cualificar de xenocidas e que se endureceron aínda máis nas últimas semanas.
Na actualidade o exercito Israelí asasina indiscriminadamente a civís, incluso bombardeando colexios diante da pasividade da ONU e do mundo.
O Comité de Empresa maniféstase a favor da paz e condena este xenocidio pedindo tanto ao goberno da Xunta como ao do Estado que soliciten o alto o fogo e a inmediata intervención da ONU no citado conflito. Impulsando a vía do dialogo coma o único camiño posible, por difícil que pareza, para a consecución da paz.

Exit mobile version