Desde a vicepresidencia do comité de empresa de Vestas Nácelles Spain, con sede en Viveiro, aseguran que “comezamos o ano con 10 despedimentos” e que non se están cumprindo as expectativas laborais. “Aprovéitanse da Xunta, do Concello, e por extensión dos contribuíntes. Aos traballadores pídenos colaboración e flexibilidade, e logo de concedérllela danos a puñalada trapeira” afirman.