Site icon Crónica3.com A Mariña

O club ciclista de Burela invita a unha ruta de 35 quilómetros en BTT polo concello

BURELA .- O club ciclista de Burela invita a participar nunha ruta de 35 quilómetros en BTT polo concello; a saída será o día 1 de febreiro as 10 da mañá dende o pavillón dos institutos. Dende o C.C. de Burela indican que “o percorrido e moi variado, sen subidas imposibles, con sendeiros preciosos e a baixada, si se fai con coidado, non e perigosa.

Nota de Prensa

O próximo domingo dia 1 de febreiro , o cc. Burela organiza a IV ruta btt de Burela , a saida será as 10 da mañá  dende o pavillón dos institutos.

Esta ruta terá un percorrido de 35 km. e discurrirá por distintos camiños de Burela como son o Camiño do Lamón , o sendeiro da Marosa , subida por Vilar pasando por Vila do Medio e subindo por distintos sendeiros ata a Puida , dende ali subiremos as antenas do Castelo e seguindo pistas dos eólicos dirixiremonos os montes de Rúa pa facer unha baixada de 4 km. realmente impresionante por un cortafogos e un sendeiro ata as próximidades de Cangas por donde pasaremos dirixindonos a Burela.

O percorrido e moi variado sin subidas “imposibles” , con sendeiros preciosos e a baixada si se fai con cuidado , non e perigosa , o que fai que sexa ciclable ao 100% , ten tres pasos de rio e atoparemos algún resto do temporal destes dias.

O remate haberá mangueira pa lavar as bicicletas , duchas pos ciclistas e unha comida (este ano estaremos sentados) pa repoñer forzas e intercambiar opinions.

As previsións da organización en canto a participación son moi optimistas debido a boa acollida que está tendo no foro de BTT en internet , esperamos superar os 100 ciclistas.

Queremos animar a todolos/as afecionados o ciclismo de montaña que se acerquen a pasar un dia de btt con todos nós.

Exit mobile version