Site icon Crónica3.com A Mariña

O Club Ciclista Burela organiza unha ruta de sendeirismo para o 25 de xaneiro

BURELA.- O CC Burela organiza unha ruta de senderismo para o próximo domingo dia 25 de xaneiro. Esta ruta descorrerá pola zona das ribeira do rio Sor , concretamente faremos o tramo comprendido entre o mirador de “Augas Caidas” e “Ponte Segade”. Será unha ruta de poucos quilómetros e dificultade baixa , asumible para todas as persoas que compoñemos este club e que non temos moi adestrado o senderismo.

Está previsto que participen 40 persoas entre socios, familias e achegados. “Sairá un autobús de Foz as 8:30 horas e recollerá os de Foz parando en Cangas e Burela , despois de saír de Burela iremos ata o punto de saída da ruta , Augas Caidas, o autobús seguirá ata Ponte Segade e cando cheguemos todos , iremos no bus ata un restaurante na mesma zona onde xantaremos un bo “cocido galego”.

Os directivos manifestan que “esta é a segunda actividade de senderismo que organiza o club, e a primeira que se fai dende que se formou a nova xunta directiva despois da dimisión do seu presidente Antonio Galán que tras 14 anos dirixindo o club e facendo que fose un referente non só a nivel comarcal senón a nivel autonómico xa que era o 2º club cicloturista da comunidade galega en número de licencias federativas , organizando as marchas de carretera e btt con tanto éxito de participación como organizativo , decidiu que era o momento de deixalo e que foran outros os que se puxesen o fronte do mesmo”.

O presidente salienta que “a nova directiva que presido seguirá facendo as mesmas actividades que se viñan desenrolando e procuraremos engadir outras que se nos ocorran porque consideramos que o grupo humano deste club e moi valioso dende as distintas ideas persoais sempre se mira o ben do CC Burela. Como socio , quero agradecer a Galán todo o traballo que fixo polo club e polo ciclismo en Burela , animar a todos/as afeccionados/as a este deporte que se acerquen o CC Burela que terán as portas abertas e nos axudarán a facer un club mais grande se cabe”.

Exit mobile version