Site icon Crónica3.com A Mariña

O Centro Óptico de Xove impúxose ao Gayolo Ford de Betanzos por 63-58

XOVE .- O equipo de baloncesto Centro Optico de Xove rematou a primeira volta da liga autonómica con unha vitoria sobre o Gayolo Ford de Betanzos ó que se impuxo por 63-58. Tras esta vitoria o Xove acada un balance de oito vitorias, tres consecutivas, e sete derrotas. O Centro Óptico de Xove formou con Poni (28 puntos), Fernando (11 puntos), Dani (3 puntos), Julián (8 puntos), Alvaro (2 puntos), Javi (2 puntos) , Miguel (3 puntos), Paco (4 puntos) e Juanma (2 puntos). O xogador mais destacado foi Poni con oito triples.

Exit mobile version