Nota de Prensa
O BNG VALORA POSITIVAMENTE AS AXUDAS CONCEDIDAS AOS CONCELLOS MARIÑANOS POLAS SÚAS ÁREAS DE GOBERNO NA DEPUTACIÓN E OS CRITERIOS SEGUIDOS PARA ESTE REPARTO.
Xosé Ramón Ermida di que “o Consello Comarcal do Bloque Nacionalista Galego valorou moi positivamente xa non só a cuantía das axudas que por parte das áreas gobernadas polos nacionalistas se achegaron aos diferentes concellos da comarca da Mariña e das que se da conta, senón que tamén valoramos de xeito moi positivo que as áreas de xestión en mans do BNG reparten as axudas públicas en base a criterios obxectivos”. O responsable comarcal do Bloque Nacionalista Galego insiste “e neso coincidimos o conxunto dos membros do Consello Comarcal do BNG da Mariña no feito de que por parte da Área de Cooperación cos Concellos en mans do PSOE o reparto de criterios se fai na raia da discrecionalidade. Nós pensamos que non pode haber obxectividade mentras siga habendo esa figura que son as agrupacións de veciños que non eran nin máis nin menos que os tres firmóns que Cacharro utilizou durante 24 anos para asentar o que foi o seu goberno na provincia de Lugo”.
Ermida engade que “nós non imos entrar a contestar ás excusas de mal pagador neste caso do portavoz do grupo socialista que é o Sr.Gato, senón que nós queremos situar o debate onde xa no seu momento o plantexamos de xeito unánime os membros do BNG da Mariña. O grupo socialista tennos que dicir si ten vontade de revisar os criterios de concesión de axudas para as comunidades de veciños e no caso de que esa non sexa a súa vontade e que queiran seguilo a facer pola vella desde logo que para eso que non conten co BNG”.
AXUDAS CULTURA E DEPORTES A ERNTIDADES LOCAIS | ||
ENTIDADES LOCAIS CULTURA | ||
CONCELLO | SOL. 2008 | AXUDA |
A PONTENOVA | 1 | 3.000 |
ALFOZ | 1 | 3.000 |
BARREIROS | 1 | 3.000 |
BURELA | 1 | 3.000 |
CERVO | 1 | 4.981,72 |
FOZ | 2 | 7.203,00 |
LOURENZA | 1 | 4.000 |
MONDOÑEDO | 1 | 2.436,00 |
OUROL | 1 | 3.113,57 |
RIBADEO | 0 | 0 |
RIOTORTO | 1 | 6.000 |
TRABADA | 1 | 5.448,75 |
VIVEIRO | 1 | 3.000 |
XOVE | 1 | 4.514,68 |
TOTAIS | 14 | 52.698 |
ENTIDADES LOCAIS DEPORTES | ||
ENTIDADES LOCAIS | ||
CONCELLO | SOL. 2008 | AXUDA |
A PONTENOVA | 2 | 4.781 |
ALFOZ | 2 | 5.197,19 |
BARREIROS | 2 | 5.235 |
BURELA | 1 | 1.805,18 |
CERVO | 1 | 2.149,02 |
FOZ | 2 | 3.378,35 |
LOURENZA | 1 | 2.422,10 |
MONDOÑEDO | 2 | 4.074 |
O VALADOURO | 2 | 5.149 |
O VICEDO | 2 | 4.567 |
MURAS | 1 | 3.000 |
OUROL | 0 | 0 |
RIBADEO | 1 | 2.435,56 |
RIOTORTO | 1 | 3.000 |
TRABADA | 0 | 0 |
VIVEIRO | 0 | 0 |
XOVE | 1 | 2.005,75 |
TOTAL | 21 | 49.199 |