Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG urxe que remate a restrición de créditos aos autonomos

NOTA DE PRENSA (FNC)

O BNG URXE QUE SE REMATE COA RESTRICCIÓN DE CRÉDITOS AOS AUTÓNOMOS. OS NACIONALISTAS DEMANDAN A CREACIÓN DUN INSTITUTO DE CRÉDITO GALEGO QUE TRANSFIRA LIQUIDEZ DIRECTAMENTE ÁS EMPRESAS.

Foz, 30 de xaneiro de 2009. O BNG da Mariña mantivo un encontro no Hotel Leytón de Foz con autónomos da comarca para expoñer a súa posición sobre a crise económica e o que poden ser as alternativas a desenvolver para saír desta situación e tamén para escoitar e pulsar o que é a opinión dos autónomos.

O nº 5 da lista do BNG ás vindeiras eleccións do 1 marzo, Balbino Fernández, asegura que “temos claro que as pequenas e medianas empresas son un elemento central na creación de riqueza e de emprego na comarca da Mariña. A crise que estamos a padecer ten unha pata que é a crise financieira que está a ocasionar importantes problemas de liquidez aos autónomos mariñanos, o que pon en risco a creación de emprego e tamén o futuro dos negocios que son rentables”.

Pola súa banda, Manuel Parga, nº 3 da lista do Bloque Nacionalista Galego pola provincia de Lugo considera que “a curto prazo é fundamental a creación do Instituto Galego de Crédito que permita transferir ás empresas e aos negocios directamente a liquidez que precisan, prescindindo do que son os operadores financieiros privados. E tamén lles contamos que apostamos pola posta en marcha da lei de caixas que teña en conta a priorización da súa liña de créditos ás empresas asentadas en Galiza. Fáise necesario contar cun sector financiero público e que as caixas non operen coma meros bancos comerciais”.

Os nacionalistas non entenden “como Cataluña ou a Comunidade Valenciá contan con figuras similares a ese Instituto Galego de Crédito e a nós se nos está a negar este dereito” e consideran que “as caixas están a ser autistas coa problemática dos nosos sectores económicos”.

No acto que onte se desenvolveu en Foz estiveron os candidatos: Manuel Parga e Balbino Fernández e o responsable comarcal do BNG, Xosé Ramón Ermida.

Exit mobile version