Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG propón un debate entre os candidatos da Mariña ás eleccións galegas

NOTA DE PRENSA (FNC)

O BNG PROPÓN UN DEBATE ENTRE OS CANDIDATOS DA MARIÑA ÁS VINDEIRAS ELECCIÓNS AUTONÓMICAS.

A Mariña, 14 de xaneiro de 2008. O BNG da Mariña propón a realización dun debate público entre os candidatos da comarca ás vindeiras eleccións autonómicas do 1 de marzo. Manuel Parga lanza este reto “coma deputado e coma candidato a eses comicios. Entendo que unha vez rematada a lexislatura sería positivo que os candidatos da Mariña polo PP, polo PSOE e polo BNG fixéramos un balance destes catro anos de goberno de coalición entre o Bloque e o PSOE que eu considero que foron moi positivos para a comarca porque supuxeron un cambio en moitas dinámicas que había anteriormente”.

Parga engade que “en todo caso este debate podería ser en calquera medio de comunicación. Sería unha forma positiva de rendir contas, de falar do que fixo cadaquén tanto desde o goberno como desde a oposición… os logros, as propostas e eses asuntos pendentes de importancia que aínda están sobre a mesa na nosa comarca”. O deputado nacionalista di que “é un reto aos candidatos do PSOE e do PP para contrastar a acción desenvolvida, as alternativas que poderían establecerse nun ou en varios debates en calquera medio público”.

Manuel Parga entende que “é unha proposta democrática que todos os cidadáns da comarca verían positivamente e esta é a oferta que como candidato do BNG pola Mariña poño enriba da mesa aos tamén candidatos do PSOE e do PP pola comarca”.

Exit mobile version