Site icon Crónica3.com A Mariña

A Consellería de Vivenda cumpre co Celeiriño, di o BNG de Viveiro

NOTA DE PRENSA

O BNG DE VIVEIRO MANTÉN QUE A CONSELLERÍA DE VIVENDA CUMPRE

O Consello Local do Bloque Nacionalista Galego de Viveiro quer facer público por medio da presente nota o recoñecemento do traballo calado e eficaz da Consellaría de Vivenda no asunto do Celeiriño.

“Consideramos—dí Goás Basanta, concelleiro portavoz do BNG e que falou hoxe en nome do Consello Local—que a actuación da Consellaría de Vivenda demostra que os nacionalistas traballan con rigor, sen facer visitas propagandísticas que nada aportan.”

“A Conselleira Teresa Tábaoas veu este martes a Viveiro traendo unha proposta seria que significa o investimento de arredor de 1.500.000 euros neste deteriorado barrio de Celeiro “. Este é o camiño, e non outro, para rehabilitar o Celeiriño. Agardamos que os veciños e veciñas tomen boa nota e comproben como actúan as Consellarías responsabilidade do BNG. É loxico que os veciños e veciñas afectadas manifesten o seu descontento e que estexan fartos de tantas visitas e promesas que nada resolveron. Agora con esta iniciativa da Consellaría da Vivenda todo aponta a unha solución que vai incluida nos orzamentos da Xunta e que non é unha promesa máis.

Exit mobile version