NOTA DE PRENSA (FNC)
O BNG URXE AO MINISTERIO DE FOMENTO QUE FAGA PÚBLICO O ESTUDIO INFORMATIVO DO TRAZADO DO CORREDOR BARREIROS-SAN CIBRAO. OS NACIONALISTAS CRITICAN OS RETRASOS QUE SE ESTÁN A DAR CON ESTA IMPORTANTE OBRA PARA A ARTICULACIÓN TERRITORIAL DA MARIÑA.
A Mariña, 15 de xaneiro de 2009. O BNG solicita información no Congreso dos Deputados sobre o Corredor Barreiros- San Cibrao. O responsable comarcal, Xosé Ramón Ermida sinala que “o Bloque Nacionalista Galego comprometeu o seu apoio aos orzamentos xerais do Estado a que o Goberno central e nomeadamente o Ministerio de Fomento fixese público ao longo desta anualidade orzamentaria o proxecto de construcción do Corredor Barreiros-San Cibrao”.
Ermida engade que “neste sentido o que non nos parece de recibo é o retraso a que está sometido o estudio informativo, mesmo tendo en conta as propias contestacións que en sé parlamentaria se formularon por parte de distintos responsables de Fomento. Primeiramente afirmaron que no último semestre do pasado ano ía estar a exposición pública dito estudio informativo e posteriormente plantexaban que no mes de decembro eso ía ser público”.
Desde o BNG “urximos a que Fomento faga público ese estudio informativo. Queremos saber tamén si se contrastaron as diferentes trazas cos concellos na medida do que afecta esto ao planeamento. E o que nos parece unha auténtica tomadura de pelo para os veciños e as veciñas da Mariña, xa pasando do que son os retrasos na que é a execución do vial tanto no seu tramo de competencia estatal coma no seu tramo de competencia autonómica, é que por unha banda se estea plantexando a licitación do que é o treito entre San Cibrao e Viveiro e que por outra neste outro tramo ata Barreiros por descoñecer descoñezamos ata o mesmo trazado”, apunta o responsable comarcal do BNG na Mariña, Xosé Ramón Ermida.