Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela pide paciencia ós veciños polas obras que se están facendo en Arcadio Pardiñas

RIBADEO .- (FNC) A obra complementaria de Torrentes, segundo explica o alcalde, Alfredo Llano, “está a piques de cruzar a vía principal de Arcadio Pardiñas. Trátase dunha obra maiúscula e de moita importancia para o conxunto do pobo xa que estamos a facer unha rede separativa de pluviais e residuais”. O rexedor pide “paciencia ós veciños polas molestias que lles imos ocasionar xa que só estará operativo para a circulación un dos carrís de Arcadio Pardiñas. Quero que teñan en conta as dificultades que se dan para cruzar con grandes tuberías porque por alí pasan moitos servizos e non podemos afectalos. Eso leva consigo que empreguemos máis tempo do habitual nunha obra deste calibre. Habilitamos un paso de cebra para que os peóns saiban perfectamente por onde teñen que pasar coa máxima seguridade posible”.

Fondo estatal
Alfredo Llano ven de confirmar que “os 15 proxectos que presentamos ao fondo estatal de inversión foron aprobados. A partires de agora tentaremos licitar canto antes esas obras para que comencen tamén axiña”.

Parque infantil
O Concello tamén está a piques de rematar a construcción dun parque infantil na  Marosa. O alcalde di que “leva moito mobiliario para que os nenos disfruten cando vaian cos seus pais a esa zona ou mesmo á praia. Agardo que o parque sexa aproveitado e disfrutado polo nosos pequenos”.

Temporal
O alcalde de Burela seguiu hoxe a supervisar algúns dos danos causados polo temporal da pasada fin se semana. Llano sinala que “estamos a facer unha valoración de todos os desperfectos e faremos un informe que se apoiará con fotografías para solicitar as axudas onde corresponda”.

Exit mobile version