BARREIROS .- (FNC) O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, valora de xeito positivo o investimento de 100.000 euros nun edificio en San Miguel de Reinante que anunciaba nas últimas horas o responsable de Cultura e Deportes da Deputación, Antonio Veiga. Pero ó rexedor resúltalle “curioso ou chamativo que se faga dito anuncio ás poucas horas da celebración da asamblea de veciños, cando el mesmo ademáis recoñece que aínda de está a redactar o proxecto. Penso que sería mellor agardar a ter o proxecto listo para despois anunciar a inversión, que pode ser de máis de 100.000 euros”.
Fuente Parga di que son “benvidos todos os cartos que veñan para o noso concello, pero teño que lamentar que o Barreiros non recibise máis que 3.000 euros da Deputación Provincial para a dotación do mobiliario do centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, aínda que nós solicitamos unha axuda de 48.800 euros. Si tivésemos eses cartos o centro podería poñerse en marcha xa polo que temos que lamentar o acontecido. De todos os xeitos o Concello asumirá esas diferencias económicas e comprará o mobiliario necesario para despois proceder á súa apertura”.
O alcalde de Barreiros tilda de “oportunista o anuncio feito onte por Antonio Veiga porque se celebraba esa xuntanza vecinal cando, repito, aínda se está a redactar o proxecto”.