Mañá seguen en Burela as charlas de prevención da saúde que organiza a Delegación de Sanidade do Concello. O tema que abordarán nesta nova sesión serán a diabete e a hipertensión. A charla será ás oito da tarde na Sala de Conferencias (antiga biblioteca).