Site icon Crónica3.com A Mariña

Invisten 265 mil euros en amañar camiños e pistas rurais do municipio de Ribadeo

RIBADEO  .- O Concello de Ribadeo recibiu dúas partidas económicas que suman 268.000 euros e que destiñará ao arranxo de camiños e pistas rurais. O alcalde, Fernando Suárez, di que “somos conscientes de que por mor destas últimas chuvias e por mor da degradación que de maneira ordinaria se vai producindo nos camiños rurais, hai unha serie de deficiencias en moitas parroquias, non están concentradas nunha ou dúas senón en moitas delas. Pero a corto prazo váise dar un impulso moi importante, que se vai sumar a estas obras que xa anunciamos hai poucas semanas, do remate da carretera do monte en aglomerado asfáltico na parroquia da Devesa e nalgunhas vías máis, tanto no Barral como en Vilaousende, que a empresa Tragsa está executando nestes momentos”.

O rexedor sinala que “a todo isto vanse engadir outras melloras agora, nos próximos días, e de feito os contratistas destas obras xa contactaron conmigo para dicirme que a partir de agora van empezar a efectuar os traballos previos de motoniveladora para preparar os camiños nos que se vai actuar. Serán duas actuacións: por unha banda o Plan de Obras e Servizos (POS), que levamos entre o Estado, a Deputación e o Concello, que está adxudicado a Construccións O Chispa, daquí, de Ribadeo; e por outra banda un plan moi ambicioso por parte da Consellería de Medio Rural, que financia o cento por cento duns 200.000 euros, tamén en varias parroquias, en pistas que tiveron vinculación con concentracións parcelarias, vamos actuar nun número moi importante de camiños e  nun número moi importante de parroquias. Con esto non se vai resolver o problema que sempre pode existir coa degradación de camiños, pero si se vai actuar nunha chea deles”.

Suárez Barcia explica que “no Plan de Obras e Servizos (POS), que ascende a uns 68.000 euros, vaise actuar en camiños tan importantes como, por exemplo, nun que vai desde a carretera que sube a Noceda ata o límite con Barreiros, que hai poucos meses houbo que desbrozar e había árbores no medio do camiño que tivemos que cortar con motoserra (é unha circunstancia que non ven de agora mesmo, senón que ven de vello, e que agora por fin se vai asfaltar todo este camiño ata o límite co concello de Barreiros). Tamén en  Santalla, en Vilaframil, en Arante, en Cedofeita e en Cubelas, dentro deste POS por importe de 68.000 euros”.

O alcalde engade que “no outro plan, grazas á colaboración da Consellería de Medio Rural con Ribadeo, prácticamente 197.000 euros van ir destiñados ao amaño de varias pistas en Remourelle, en Vilaframil, en Rinlo, en Cedofeita, en Piñeiro, en Cubelas, nas Anzas, en Piñeira e tamén en Ove. Con estas obras, que adxudica directamente a Conselleria de Medio Rural, agardamos que queden paliadas todas as deficiencias que está habendo. Ademais, a corto prazo deberán ser reforzadas estas inversións con este plan que estamos redactando agora de común acordo cos demais grupos da Corporación no que ten ver cos fondos estatais, no que unha parte do que destinamos ao medio rural sexa para melloras de camiños”.

Exit mobile version