RIBADEO .- (FNC) Ribadeo acolle a estrea oficial da película “Os mortos van á présa” rodada na vila e nas parroquias de Rinlo e da Devesa. Na cinta de Angel de la Cruz participan actores como Neus Asensi, María Castro, Antonio Durán “Morris” e Manuel Manquiña, entre outros. Estes acudirán mañá sábado a esta estrea e aos actos que se desenvolverán ao longo do día en Ribadeo.
O único acto que é aberto a todo ao público é o que se desenvolverá ás 12 da mañá no Auditorio Municipal Hernán Naval.
PROGRAMA DA ESTREA OFICIAL
11:00h. Acto de benvida do alcalde, Fernando Suárez, ao equipo técnico e artístico. (Salón de plenos do Concello de Ribadeo)
12:00h. Proxección do tráiler, presentación do libro-guión da película e do CD coa banda sonora orixinal da película. Interpretación de dúas pezas da BSO a cargo da Banda Sinfónica Municipal de Ribadeo. (Auditorio Municipal Hernán Naval). Entrada libre ao público.
19:00h. Chegada ao Cine Teatro de Ribadeo. Asisten o equipo da película, autoridades e convidados.
19:30h. Discursos. Intervirán: Fernando Suárez (alcalde de Ribadeo); Angel de la Cruz (director de Os mortos van ás presas) e Fernando Salgado (Secretario Xeral de Comunicación). Cine Teatro.
20:00h. Proxección da película no mesmo Cine Teatro.