NOTA DE PRENSA:
O BNG CONVOCA A COLECTIVOS, SINDICATOS E PARTIDOS POLÍTICOS A ASISTIR Á CONSTITUCIÓN DA PLATAFORMA A MARIÑA CON PALESTINA.
A Mariña, 12 de xaneiro de 2009. O BNG de A Mariña convoca a colectivos, sindicatos e partidos políticos da comarca a asistir á constitución da plataforma A Mariña con Palestina que terá lugar o vindeiro mércores día 14 de xaneiro ás 20:30 horas na sede nacionalista de Foz ubicada na Avenida da Mariña, 34-baixo.
Segundo o responsable comarcal do Bloque Nacionalista Galego, Xosé Ramón Ermida “queremos así expresar o noso rexeitamento ao xenocidio que se está a cometer co pobo palestino por parte do Estado de Israel. Trátase dunha xuntanza en réxime de autoconvocatoria para constituir dita plataforma de solidaridade con Palestina”.