Site icon Crónica3.com A Mariña

Considera unha burla o PP a vista da conselleira de Sanidade a Burela

Nota de Prensa

O PP considera que a presencia en Burela da Conselleira de Sanidade é unha auténtica bulra e debe pedir perdón polas listas de espera.

Afirman que a conselleira que logrou incrementar as listas de espera non pode vir a comprobar como funciona un TAC.

Os populares lembran que o investimento novo no Hospital para 2009 é igual a cero euros.

O PP de Burela considera que a presencia en Burela o pasado martes da conselleira de Sanidade que logrou que as listas de espera aumentasen, para desespero e enfado de todos os galegos, é unha bulra ás persoas que están agardando hasta 2010 por unha consulta, e demostra que tén ben pouco que facer se vén a Burela ver como funciona un TAC, que se vende como investimento cando se trata da substitución de un que ia quedando obsoleto por outro máis moderno, e desaproveitando a ocasión para pedir perdón pola súa incompetencia a todos os usuarios da sanidade pública.

A conselleira das listas de espera que prometeu a resonancia fixa e nos minteu, a que tiña sete millóns de euros previstos para a ampliación do hospital e que os sacou dos presupostos da Xunta, enganando a todos os cidadáns, foi a que veu a Burela o martes a decirnos que xá veremos se en 2012 temos ampliación do Hospital. Esperemos que a partires do un de Marzo esta señora non sexa conselleira de Sanidade e deixe de enganar e de manipular ós cidadáns.

A realidade é que nos presupostos da Xunta para 2009 hai cero euros, para investimento novo no hospital e que os culpables son os socialistas, en comandita cos do BNG, que calan a boca e consinten que a sanidade pública se deteriore, se colapsen os hospitais e os centros de saúde por un brote de gripe que sempre houbo, e negan dereitos fundamentais ós cidadáns.

Os populares queremos indicar que é obxectivo do noso partido acabar coas listas de espera e levar a cabo a ampliación do hospital, que compre lembrar que foi promesa de todos os partidos e xa se veu que tanto nacionalistas coma socialistas mentiron e enganaron ós veciños desta comarca. A única ampliación do Hospital fíxoa a Xunta de Manuel Fraga en 2001 e custou máis de cincocentos millóns das antigas pesetas.

Exit mobile version