Site icon Crónica3.com A Mariña

Concelleira de Burela defende a legalidade do seu acceso por concurso-entrevista

NOTA DE PRENSA:

CARTA DE REMEDIOS LÓPEZ VILLAR A JOSÉ Mª GONZÁLEZ BARCIA

Burela, 2 de xaneiro de 2009. A concelleira Remedios López Villar ven de facer pública unha carta aberta dirixida ó voceiro do grupo municipal popular, José Mª González Barcia, ó que lle quere facer unha serie de puntualizacións.

A carta di así:

“Xa temos ó sr Barcia outra vez mentindo, falseando, confundindo e manipulando a información. Leva ano e medio especulando sobre as contratas do concello de Burela, intentando manchar a nosa reputación pero, a día de hoxe, foi incapaz de presentar unha denuncia ou impugnar uns exames, evidentemente porque non deu atopado ningunha proba das mentiras que proclama na prensa. Aínda que nos xornais non fai mais que ladrar, intentando nun acto desmesurado convencer ós poucos afiliados que cada vez creen menos nel e que xa están a buscar outro cabecilla.

Sinceramente cada vez seméllaseme mais a un can de palleiro, a eses que pasan a noite incordiando, pero que ninguén quere, nin respecta, nin aprecia. A eses que se lles vai a forza pola boca e cando lles pos respecto meten o rabo entre as pernas e escapan.

Que eu saiba son só concelleira en Burela e iso non me impide presentarme a ningún outro posto fora do concello que me resulte interesante, xa que a lei é igual para todos e eu teño os mesmos dereitos que calquera outro cidadán.

Eu invítoo a solicitar o expediente de todo o proceso xa que non teño nada que esconder. Nel poderá ver un proceso limpo e transparente e tamén comprobar, que xa vexo que está mal informado, que podían optar enxeñeiros técnicos navais, diplomados en Empresariais, enxeñeiro técnicos agrícolas e enxeñeiro técnicos forestais ademais das respectivas licenciaturas e unha vez mais terxiversa e manipula a información. Tamén quero recordarlle que a praza era concurso-entrevista. A puntuación máxima dos méritos que se podían conseguir eran 13 puntos e a entrevista persoal, moi inferior para poder resolver, máximo 7. Cando teña o expediente nas mans, haber se ten o valor e as agallas para sincerarse cos veciños e veciñas de Burela, explicarlles que non houbo ningún trato de favor e valorar se realmente merecía ou non a praza cos méritos que presentei.

Con respecto á renuncia da miña dedicación parcial, asineina o 23 de decembro nun acto mais de ética, moralidade e compañeirismo, aínda que vou seguir prestando o meu traballo coa mesma dilixencia e dedicación que require a importancia dos asuntos públicos que teño delegados, ousexa, que de dimisión OLVIDESE, porque estou moi implicada co pobo de Burela e teño aínda moitos traballos e proxectos por facer. O que non entendo é como dispoñía vostede desa mala información sen tela solicitado por escrito como manda a lei e dígalle á funcionaria que lla transmite que non vaia a ser o demo e que se pille os dedos, e perda a praza por infrinxir a lei de protección de datos.

Sr.Barcia en vez de tanto ladrar nos medios públicos implíquese e solicite o expediente e despois cóntelle a verdade ó pobo de Burela e así saberemos se é realmente vostede un home ou un can”.

Remedios López Villar

Concelleira de Economía, Facenda, Persoal e Mar

Exit mobile version