Site icon Crónica3.com A Mariña

Celtas: os primeiros turistas

Otero Regal

Algúns dos meus lectores me fixeron chegar o seu desacordo coa miña teoría sobre o celtismo espallada aquí fai unhas semanas, por eso volto ó rego do celtismo, e para demostrar que tamén me ensinaron historia –daquela maneira- pois falemos outra vez dos celtas, dos ducados e dos iberos. E de paso darlles uns “apuntiños” os nosos alcalde que a final de mes irán de excursión a Madrid para, según din, promocionarnos turisticamente.

Non poderiamos comprender de todo a complexa, diversa, e á vez homoxénea, caracteroloxía dos pobos e culturas que poboaban a península Ibérica se non facemos mención á chegada dos celtas, xentes indoeuropeas que poboaba por aquelas datas boa parte do noroeste de Europa. Os celtas chegaron a España sobre o século XIII a. de C., instalándose fundamentalmente na cornixa cantábrica. Ao principio, aos iberos fíxolles gracia ver estes señores louros, tan altos que mesmo en ocasións superaban o metro sesenta, e por iso os deixaron en paz. Pero pouco despois (só seis séculos despois, sobre o VII a. de C), cabreados polos continuos chistes célticos sobre as carencias da debilidade ibérica e a súa escasa estatura, hastiados de que os celtas, xa que podían facelo, lles mirasen por enriba do ombro e mesmo lles mirasen mal, así como subxugados pola exótica beleza das mulleres celtas, empezáronlles a  nacer fillos loiros e rosadiños,os iberos puxeron a facer aquilo que sabían facer como ninguén: untaron as puntas das súas espadas, frechas e lanzas con letal ácido bórico e puxéronse a repartir hostias, de tal maneira que, producto da victoria, puideron fornicar sen freo coas mulleres célticas (o cal permitiu que a partir de entón os da península Ibérica fosen un pouco, só un pouco, menos baixiños), acantoaron os celtas no oeste da Península e forxaron un novo grupo de tribos, os celtiberos, que se me saben vostedes algo de lingüística adiviñarán que proviñan da fusión de celtas e iberos. En castigo pola súa orixe multicultural, iso si, os iberos obrigaron os celtiberos a vivir nas fértiles e acolledoras terras do norte, como dicindo: “¿ Non vos gusta tanto a mestizaxe coas xentes do Norte? ¡ Pois tomade frío e choiva”! “.

Todo isto non tivo senón efectos beneficiosos para a cohesión da terriña, posto que, ao estar os celtas illados dos seus irmáns europeos (tan illados, e tan ben que estaban, como os iberos nos milenios precedentes), puideron abandonar definitivamente perniciosas influencias estranxeiras e, por fin, adaptarse ás peculiaridades do modus vivendi ibérico, o cal conformaría, en fin, unha civilización única e excepcional, pero coa posibilidade de percorrer aínda máis aos feitos diferenciais  e, ademais, coa vantaxe engadida de facelo dende unha impresionante altura incomparablemente maior que a proporcionada pola raza ibérica primixenia. Porque nós,  si se trataba de recibir influencias estranxeiras, as recibiamos coas nosas propias regras, enseándolle  a Europa, e non ao revés, como ben soubo apreciar Unamuno -nótase que o estou relendo-. É tamén o que acontecería cando chegase a créme da créme civilizatoria ás nosas terras, pobos| tan avanzados que mesmo lles permitimos comerciar connosco: gregos e fenicios, ou “Primeiros turistas”.

Exit mobile version