Nota de Prensa
O GMPP afirma que os presupostos reais para 2009 son de seis millóns de euros.
Os populares aseguran que o canon da auga só se cobrará un ano.
Consideran que o desfase entre ingresos e gastos de 2008 pode ser de trescentos cincuenta millóns de pesetas.
O GMPP manifestou hoxe nunha nota de prensa que os presupostos de Burela para 2009 son xusto o contrario do que Burela precisa para aguantar as envestidas da crise económica, e que ademais os presupostos reais son de seis millóns de euros.
Esta é a conclusión á que se chega, porque o que se prevé cobrar polo canon da auga só se cobrará em 2009, e son setecentos mil euros. Por riba, na documentación que obra no expediente faise constar que os presupostos non se poderían aprobar se non chegase a incluirse o indicado canon, porque non habería fondos suficientes para manter o gasto de investimentos reais, que, con todo, é de catrocentos mil euros, o seis por cento do total do presuposto.
Esto é debido a que o bigoberno non aproveitou en condicións o remanente de teserería de 2007, e inflou enormemente os presupostos de 2008. No caso dos presupostos de 2008, o presuposto de ingresos era de 8’3 millóns de euros e os de gastos tamén, pero só se recaudaron seis millóns de euros; ainda así, o gasto foise os oito millóns de euros, co que podemos falar que o desfase entre ingresos e gastos, e sempre en contra do concello, é de trescentos cincuenta millóns de pesetas. Cartos que non se gastaron precisamente en aumentar e millorar servicios e a calidade de vida dos veciños e veciñas de Burela, senon en festas e actos partidistas e de promoción do alcalde e da tenente de alcalde.
Para os populares, o alcalde minte cando di que se vai continuar coa liña de subvencións ás famílias e asociacións, porque só hai corenta e seis mil euros, ainda non oito millóns de pesetas, para estas axudas. Así, por exemplo, para asociacións xuvenís non hai nin unha sola peseta consignada para subvencións, e tampouco para educación. E para deportes só hai os cartos que se levarán a S.D.Burela e o Burela F.S., en total vinteseis mil euros.
Pero o mais grave é que o alcalde non sabe controlar o gasto corrente, porque se aumenta dous puntos mais ca en 2008; se en 2008 o gasto corrente era o 32% do presupotos, agora supera lixeiramente o 34%, ou sexa , dous millóns douscentos mil euros.
Polo tanto, a situación que se presenta é difícil, mui complicada, e que debe facernos reflexionar. Cada vez que os socialistas gobernan, de tan manirrotos que son deixan as caixas vacías, e no caso noso côa colaboración dos nacionalistas, que tampouco son mancos á hora de gastar.
Para o PP, cabe preguntase se agora se seguirán facendo festas, gastando alegremente en carpas, e facendo propaganda e autobombo.Haberá que ver como se liquida o presuposto deste ano que rematou, de 2008, e daquela seguramente que o alcalde e Nieves Cando terán que dar moitas explicacións.