Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela solicitará a súa inclusión na Rede de Concellos Saudables da Consellería de Sanidade

BURELA .- (FNC) Burela solicitará a súa inclusión na rede de Concellos Saudables, segundo se desprende do encontro que mantiveron esta semana o alcalde de Burela, Alfredo Llano, e a conselleira de Sanidade, Mª José Rubio. O rexedor considera que “será bó solicitalo para que a nosa poboación se comprometa a levar unha vida mellor tanto desde o punto de vista da saúde como da alimentación. Meternos nesta rede implicará que poidamos acceder a programas conxuntos coa Consellería de Sanidade de tal xeito que esto será bó para todos”.

Na provincia de Lugo forman parte da rede de Concellos Saudables: Chantada, Taboada, Carballedo, Guitiriz, Begonte e Viveiro. Con este programa a Consellería de Sanidade pretende fomentar neses concellos políticas municipais promotoras da saúde e que impulsen a participación comunitaria, que promovan ambientes nos que sexa máis fácil practicar comportamentos e estilos de vida saudables e que creen estructuras funcionais que poidan dar continuidade ás liñas estratéxicas establecidas nos programas de promoción da vida sen tabaco e de actividades saudables, exercizo e alimentación (PASEA).

Unidade de Drogodependencias

Llano tamén falou coa titular de Sanidade da Xunta “do difícil que está a ser para nós cubrir a praza de médico na Unidade de Drogodependencias de Burela xa que non hai profesionais dispoñibles para ocupar este posto. Plantexámoslle á conselleira a posibilidade de suscribir un convenio cunha clínica concertada para que durante uns días á semana un médico ofreza a atención que precisamos nesta unidade. Éste será un asunto que resolveremos ó longo dos vindeiros días”.

Exit mobile version