A concelleira socialista di que “nos chama a atención que no caso do vidro en Burela si que sexamos un concello destacado no que é o conxunto de Galicia. Dos municipios de 10.000 habitantes somos o que temos a maior taxa de reciclaxe de vidro de Galicia”. Esta taxa está en Burela nos 30,18 quilos por habitante e ano, en Galicia a cifra sitúase nos 14,76 e en España está nos 14,21 quilos.
Coa campaña que comezou esta semana o Concello de Burela tamén fai fincapé na recollida de aceite usado de cociña. Bouza lembra que “cando comezou esta recollida no mes de marzo do ano pasado e ata finais do verán tiñamos unha taxa moi alta, pero agora parece que fomos baixando a garda e recollemos moitos menos qulos. Facemos polo tanto unha chamada para que os nosos veciños se conciencien da importancia que ten coidar o noso medio ambiente”. En agosto o Concello de Burela recolleu 1.000 quilos de aceite usado e en decembro só se chegou ós 400 quilos.