Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela e a Deputación asinarán un convenio de colaboración

BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, e o presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, asinarán mañá un convenio de colaboración de asistencia, apoio e ordenación de recursos humanos. O rexedor asegura que “nos axudará a configurar a relación de postos de traballo deste Concello que é unha das cousas que temos pendentes aquí e supoño que neste primeiro trimestre de 2009 teremos elaborado esa RPT (relación de postos de traballo). Tamén será importante este convenio para configurar o cadro persoal. En definitiva falamos dunha cuestión que nos será de grande axuda para ordenar e planificar mellor o que ten que ver co noso persoal tanto funcionario como laboral e que eso se reflicta nunha mellora substancial de atención ó público e de organización no propio Concello”.

Llano e Gómez Besteiro visitarán mañá a zona do Perdouro “onde estamos a traballar para consolidala como polígono industrial comercial e informaremos de como están os traballos. Agardo que sexa unha boa visita para Burela e para o Concello”, engade o alcalde burelés.

Exit mobile version