Site icon Crónica3.com A Mariña

Balseiro acusa a Rego de negar os problemas de emprego na Mariña

NOTA DE PRENSA

O paro increméntase na nosa comarca por riba da media provincial e moito por riba do rexistrado tan só fai un ano, afectando a todos os sectores produtivos (Ver cadros destrución de emprego xuntos)
BALSEIRO ACUSA AO SOLICIALISTA REGO DE NEGAR O DETERIRO REAL DO EMPREGO NA MARIÑA COMO ANTES INTENTARON OCULTAR A GRAVIDADE DA CRISE
  • Empraza ao deputado socialista a que explique a “especial resistencia” do emprego na Mariña aos máis de 3.621 mil parados que se cotabilizan no mes de decembro.
  • O deputado popular lembra que os peores datos de emprego na nosa comunidade rexistráronse cos gobernos socialistas: Hoxe con Touriño e Zapatero e no 1993 con Felipe González

A Mariña,15 de xaneiro de 2009.- Segundo o deputado popular José Manuel Balseiro os socialistas pretenden negar hoxe o deterioro real do emprego na Mariña tal e como fixeron no pasado ocultando a crise. A estratexia seguida polo voceiro parlamentario socialista Ismael Rego que, no día de onte, falou dunha “especial resistencia” da nosa comarca respecto da destrución de empregos é similar as mentiras que no seu día protagonizou o Goberno socialista de Zapatero que se negaba a recoñecer a situación real de crise consciente de que a súa incapacidade para facela fronte podería carrexar dificultades no proceso electoral inmediato.

Balseiro emprazou a Rego a explicarlles aos máis de 3.621 parados que se contabilizan na nosa comarca a forma na que opera esta “especial resistencia do emprego na Mariña” e sinalou que o ritmo de destrución de postos de traballo está a acelerarse dun xeito alarmante. De feito que hoxe o paro na nosa comarca creza moito por riba da media provincial e que afecte a todos os sectores produtivos é síntoma inequívoco de que a enfermidade se está estendendo. “Difícil, resulta moi difícil que os que negan a crise do emprego poidan facer algo por solucionala”-conclúe Balseiro.

Por outra banda, José Manuel Balseiro reclama ao seu homólogo socialista “seriedade” e emprázalle a consultar a propia web da Consellería de Traballo onde aparece acreditado, a través das estatísticas oficiais, que os peores datos de emprego na nosa comunidade rexistráronse cos gobernos socialistas: Hoxe con Touriño e Zapatero e no 1993 con Felipe González. “Nunca antes en Galicia se han destruído tantos postos de traballo a este ritmo”- finaliza Balseiro.

DESTRUCIÓN DE EMPREGOS DECEMBRO 2008 – NÚMERO DE PERSOAS VARIACION ANUAL
Comarca TOTAL Agricultura Ganderia Industria Construción Servizos
A MARIÑA CENTRAL 129 4 13 12 2
A MARIÑA OCCIDENTAL 156 11 8 78 87
A MARIÑA ORIENTAL 205 8 24 61 115
TOTAL 490 23 45 151 204

DATOS DESEMPREGO DECEMBRO 2008 – PORCENTAXE DE VARIACIÓN MENSUAL
Comarca TOTAL Agricultura Ganderia Industria Construción Servizos
A MARIÑA CENTRAL 4,6 10,4 13,4 11,5 1,5
A MARIÑA OCCIDENTAL 6,5 15,0 18,2 20,5 3,6
A MARIÑA ORIENTAL 0,6 3,8 10,3 3,9 -0,8
TOTAL 3,9 9,7 14,0 12,0 1,4

DATOS DESEMPREGO DECEMBRO 2008 – PORCENTAXE DE VARIACIÓN ANUAL

Comarca TOTAL Agricultura Ganderia Industria Construción Servizos
A MARIÑA CENTRAL 10,3 4,9 17,8 53,4 9,1
A MARIÑA OCCIDENTAL 12,2 13,6 9,6 79,6 10,3
A MARIÑA ORIENTAL 34,1 42,1 33,3 85,9 32,6
TOTAL 18,9 20,2 20,2 73,0 17,3
Exit mobile version