O paro increméntase na nosa comarca por riba da media provincial e moito por riba do rexistrado tan só fai un ano, afectando a todos os sectores produtivos (Ver cadros destrución de emprego xuntos) |
BALSEIRO ACUSA AO SOLICIALISTA REGO DE NEGAR O DETERIRO REAL DO EMPREGO NA MARIÑA COMO ANTES INTENTARON OCULTAR A GRAVIDADE DA CRISE |
|
A Mariña,15 de xaneiro de 2009.- Segundo o deputado popular José Manuel Balseiro os socialistas pretenden negar hoxe o deterioro real do emprego na Mariña tal e como fixeron no pasado ocultando a crise. A estratexia seguida polo voceiro parlamentario socialista Ismael Rego que, no día de onte, falou dunha “especial resistencia” da nosa comarca respecto da destrución de empregos é similar as mentiras que no seu día protagonizou o Goberno socialista de Zapatero que se negaba a recoñecer a situación real de crise consciente de que a súa incapacidade para facela fronte podería carrexar dificultades no proceso electoral inmediato.
Balseiro emprazou a Rego a explicarlles aos máis de 3.621 parados que se contabilizan na nosa comarca a forma na que opera esta “especial resistencia do emprego na Mariña” e sinalou que o ritmo de destrución de postos de traballo está a acelerarse dun xeito alarmante. De feito que hoxe o paro na nosa comarca creza moito por riba da media provincial e que afecte a todos os sectores produtivos é síntoma inequívoco de que a enfermidade se está estendendo. “Difícil, resulta moi difícil que os que negan a crise do emprego poidan facer algo por solucionala”-conclúe Balseiro.
Por outra banda, José Manuel Balseiro reclama ao seu homólogo socialista “seriedade” e emprázalle a consultar a propia web da Consellería de Traballo onde aparece acreditado, a través das estatísticas oficiais, que os peores datos de emprego na nosa comunidade rexistráronse cos gobernos socialistas: Hoxe con Touriño e Zapatero e no 1993 con Felipe González. “Nunca antes en Galicia se han destruído tantos postos de traballo a este ritmo”- finaliza Balseiro.
DESTRUCIÓN DE EMPREGOS DECEMBRO 2008 – NÚMERO DE PERSOAS VARIACION ANUAL | |||||
Comarca | TOTAL | Agricultura Ganderia | Industria | Construción | Servizos |
A MARIÑA CENTRAL | 129 | 4 | 13 | 12 | 2 |
A MARIÑA OCCIDENTAL | 156 | 11 | 8 | 78 | 87 |
A MARIÑA ORIENTAL | 205 | 8 | 24 | 61 | 115 |
TOTAL | 490 | 23 | 45 | 151 | 204 |
DATOS DESEMPREGO DECEMBRO 2008 – PORCENTAXE DE VARIACIÓN MENSUAL | |||||
Comarca | TOTAL | Agricultura Ganderia | Industria | Construción | Servizos |
A MARIÑA CENTRAL | 4,6 | 10,4 | 13,4 | 11,5 | 1,5 |
A MARIÑA OCCIDENTAL | 6,5 | 15,0 | 18,2 | 20,5 | 3,6 |
A MARIÑA ORIENTAL | 0,6 | 3,8 | 10,3 | 3,9 | -0,8 |
TOTAL | 3,9 | 9,7 | 14,0 | 12,0 | 1,4 |
DATOS DESEMPREGO DECEMBRO 2008 – PORCENTAXE DE VARIACIÓN ANUAL | |||||
Comarca | TOTAL | Agricultura Ganderia | Industria | Construción | Servizos |
A MARIÑA CENTRAL | 10,3 | 4,9 | 17,8 | 53,4 | 9,1 |
A MARIÑA OCCIDENTAL | 12,2 | 13,6 | 9,6 | 79,6 | 10,3 |
A MARIÑA ORIENTAL | 34,1 | 42,1 | 33,3 | 85,9 | 32,6 |
TOTAL | 18,9 | 20,2 | 20,2 | 73,0 | 17,3 |