BARREIROS .- (FNC) O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, desprazóuse nas últimas xunto co responsable do servizo de augas ó depósito de Celeiro de Mariñaos “porque estaba a ter unha perda importante de auga. Unha vez chegados alí xa os técnicos do Concello fixeran un análise de auga para saber si procedía da autovía, dos montes… e víuse que era auga con cloro, polo tanto procedente da traída”. Segundo o rexedor “estou veu motivado polas traballos da A-8 que se fixeron ó lado do depósito. Nós xa puxéramos esto en coñecemento de Fomento no seu día cando nos pediron unha serie de autorizacións. Nós presentamos precisamente un documento que incluso Fomento non quería admitir no que eu facía mención a que existía un depósito de auga potable e que a autovía pasaba moi cerca e ó final tivérono que admitir porque nós non cedíamos nesa loita porque sabíamos que podía pasar esto e pasou”.
Fuente Parga considera que “os traballos da autovía ocasionaron esta avería. Todo indica que hai un tubo de saída do depósito que é de fibrocemento e coa cantidade de terra que lle botaron enriba é posible que fendera, de feito onte pola mañá houbo que restrinxir o abastecemento de auga sobre todo á parroquia de Celeiro para facer unhas probas. Agora se está bombeando e o servizo de auga está a funcionar. Todo o mundo ten auga nas súas casas”. O alcalde advirte que “é posible que a partires de hoxe venres empecen os traballos de arranxo deste tubo e estivemos a coordinar coa empresa COMSA (que é a que está a facer este tramo de autovía) de forma que só durante unha mañá e será xa a próxima semana sobre o martes ou o mércores cando a parroquia de Celeiro de Mariñaos estea toda unha mañá sen auga”.
Alfonso Fuente engade que “se avisará. Xa sabemos que será un incordio para eses veciños estar toda unha mañá sen auga, pero se van a substituir todos eses tubos de fibrocemento ou uralita por outros de pvc que soportarán mellor eses pesos da terra e irán colocados de xeito que queden máis accesibles para seren reparados”.
O rexedor barreirense puntualiza que “como a avería se produciu no inverno non se notará moito no abastecemento de auga a Barreiros, pero si fose no verán sí que se notaría e moito”.