Site icon Crónica3.com A Mariña

Alcoa adopta drásticas mediadas e recorta plantilla sen que “a día de hoxe” afecte a San Ciprián

SAN CIPRIÁN .- A multinacional Alcoa despedirá a 13.500 empregados, o que supón o 13 por cen da súa plantilla en todo o mundo, prescindirá de 1.700 contratas e reducirá un 18 por cen a produción de aluminio para reducir custes e fortalecer a súa competitividade según indican diversas fontes. Ademais Alcoa conxelará salarios dos seus empregados e non realizará novas contratacións. Estas mediadas “a día de hoxe” non afectan a fábrica de alumina nin a fabrica de aluminio que a multinacional americana ten en San Ciprián, según explicou, en declaracións a emisora de radio Onda Cero A Mariña (102.3 FM), o presidente do comité de empresa, Xosé Paleo, do sindicato CIG, despois de falar co director do complexo de San Ciprián, José Manuel Alvarado.
Alcoa poñerá en venta a planta de Sabiñanigo, en Huesca.

Exit mobile version