Site icon Crónica3.com A Mariña

A próxima semana entregan os premios da Campaña de Nadal do Concello de Burela

BURELA .- (FNC) Déronse a coñecer no Concello de Burela os gañadores da Campaña de Nadal que levou adiante a Delegación de Comercio. O premio de 1.000 euros do maratón fotográfico foi para Jesús Anello Castro e o de 500 euros para o escaparate de Milenio Cosas de Casa.
Os dous vales de compra de 1.500 euros cada uno foron para Leticia Barcia Castro e Ana López Grandas. Os afortunados do maratón e dos vales de compra terán que consumir estes premios antes do 28 de febreiro nos establecementos de Burela aínda que non poden gastar máis de 500 euros por comercio.
O concelleiro de Comercio, José González Legazpi, anuncia que a vindeira semana serán entregados os premios aos galardoados nun acto que se desenvolverá no Concello de Burela.
O concelleiro de Comercio asegura que a campaña de Nadal supuxo un acercamento entre o concello e o sector económico local.
Legazpi fai unha valoración moi positiva da Campaña de Nadal “que ten unha diferenciación con respecto a outras campañas desenvolvidas na comarca porque o custe total desta é soportado polo Concello. En total o gasto ascendeu a preto de 40.000 euros, cifra na que está incluída a iluminación navideña de tecnoloxía LED para adaptarse a todas as normas de conservación do medio ambiente”. O edil nacionalista destaca “o acercamento por parte do Concello co sector económico local a través desta campaña que tivo moi boa acollida entre os comerciantes”.

Exit mobile version