Site icon Crónica3.com A Mariña

A gardería de Barreiros estará pechada uns días para arranxar os danos causados polo temporal

BARREIROS .- (FNC)O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, procede hoxe a visitar de novo as zonas e os lugares máis afectados polo temporal desta fin de semana. O rexedor asegura que “os danos que sofriu o pavillón polideportivo foron taxados nuns 3.000 euros e se segue a chover estará pechado ata que se realicen as obras pertinentes. Na gardería houbo danos importantes no pasillo… onte avisamos ós pais para que si podían arreglar sen mandar ós seus nenos non o fixesen aínda que algúns sí que se viron na obriga de acudir ó centro hoxe onde están a ser perfectamente atendidos polas coidadoras, pero mañá e ó mellor o mércores a gardería estará pechada para acometer as obras de amaño que ascenderán a uns 6.000 euros. Desde a empresa dixéronme que é posible que os traballos rematen mañá”.
Fuente Parga sinala que “seguen sen luz en Vilar onde caeron uns postes do tendido eléctrico e rompéronse os cables e tamén en San Bartolo están sen luz. Alí hai varios xeneradores municipais tentando dar enerxía a esas casas e a algún negocio que hai na zona para que funcionen os conxeladores 2 ou 3 horas e manteñan o frío e así non se perda a mercancía. E en canto ó abastecemento de auga foise restablecendo desde onte ás 9 da mañá aínda que nalgúns puntos… nos máis alexados dos depósitos non se recuperou ata ben entrada a tarde”

Exit mobile version