BURELA .- (FNC) A Casa da Cultura de Burela acolle a exposición Operación Monarca. Está formada por cinco paneis de 200 centímentros por 100 centímetros impresos a toda cor en lona reforzada nos que se pode ver a chegada a Galicia da bolboreta de nome Monarca “é unha visitante do alén do Atlántico que voa miles de quilómetros coas súas fráxiles ás, cruza o mar e visita Galicia cada outono cun sixilo que non fai honra a semellante fazaña”, explican os organizadores do CEIDA. A exposición está patrocinada pola Deputación de A Coruña e o proxecto ten coma obxectivo “que cada vez máis persoas coñezan esta bolboreta e poidan informar das súas observacións, co fin de ter un coñecemento máis profundo da súa presenza en Galicia”.
Operación Monarca pode visitarse na Casa da Cultura de Burela ata o 29 de febreiro en horario de mañá. A exposición chegou a esta vila de man da Delegación de Mar que dirixe Remedios López Villar.