NOTA DE PRENSA
O GMPP afirma que o proceso de adxudicación do servicio da auga acumula oito meses de retraso.
Culpan ó alcalde desta situación “irregular” por facer as cousas “con alegria”.
Aseguran que alomenos catro empresas recurriron o pliego de condicións administrativas.
O GMPP burelés indicou hoxe a través dunha nota de prensa que o proceso de adxudicación do servicio de subministración de auga a Burela acumula oito meses de retraso, xá que tiña que estar resolto en Maio de 2008 .
Para os populares, que lembran que a nova adxudicación debería estar en vigor desde o un de Xuño de 2008, esta situación pode prolongarse outros tres ou catro meses máis, porque houbo alomenos catro empresas que recurriron o pliego de condicións administrativas.
Algunha empresa alega que no pliego aparece como valorable unha condición que só reúne unha empresa, o que pode dar lugar a que haxa trato de favor.
O PP considera que, ainda que apoiou o pliego tal e como está, descoñecía tal cuestión, e de ser certa debe ser correxida de inmediato, porque non pode haber ningunha dúbida sobre a transparencia na adxudicación.
Para os populares, esta situación, que pode calificarse cando menos de “irregular”, é culpa do alcalde, por dous motivos: o primeiro, polo retraso acumulado en todo este proceso, o que demostra a súa capacidade de traballo; e segundo, porque o alcalde é quen debe velar pola transparencia na adxudicación, como máxima autoridade municipal. Pola contra, tal e como demostrou no pleno onde se tratou este tema, toma as cousas cunha alegria fora do común, propia de persoas ás que non lles importa en absoluto xogar cos cartos de todos.
Finalmente, os populares lembran que o servicio está prorrogado desde o pasado un de Xuño, e fíxose do mesmo xeito que se prorrogara o da gardería, que fora considerado polo PSOE e o BNG como ilegal. Consecuentemente, non se entende mui ben que o que antes era ilegal agora sexa legal; cal é a diferencia?
En Burela,a vinte de Xaneiro de dous mil nove.