Site icon Crónica3.com A Mariña

Xornadas de hábitos saudables na alimentación en Burela

BURELA .- O IES Monte Castelo será escenario o venres 19 de decembro a partires das 9:30 da mañá dunhas xornadas de hábitos saudables na alimentación e no deporte que organiza o Clube Ciclista Burela en colaboración coa Concellaría de Sanidade e o IES Monte Castelo.

A edil socialista, Sonia Fraga sinalou que “cando se nos presentou este proxecto por parte do Clube Ciclista Burela considerámola moi interesante porque busca a mellora da saúde e porque está dirixida aos mozos de 2º da ESO do noso concello”. O que se pretende con estas actividades “é inculcar nos rapaces a importancia dunha dieta san e equilibrada coa información que se lles vai facilitar e motivalos para a realización do deporte. Vaise falar do que implica para a saúde o ciclismo”, engade a concelleira de Sanidade.

O venres haberá dúas conferencias. Unha pronunciada por unha nutricionista que falará dos hábitos da alimentación que debemos coidar e cales debemos mellorar e a outra conferencia contará coa participación dun ciclista profesional que analizará a súa experiencia e como incide o deporte na saúde. Sonia Fraga anuncia que “se lles vai entregar aos rapaces unha pequena bolsa cun bocadillo, unha froita e auga para poñer en práctica o obradoiro de nutrición”.

A concelleira de Sanidade asegura que “se trata dunha iniciativa pioneira para a poboación de Burela. Desde o Concello sempre imos apoiar todas as actividades que se organicen e que conleven buscar a mellora da saúde”.

Exit mobile version