Site icon Crónica3.com A Mariña

Xornada de Educación Vial para maiores en Xove

XOVE .- No salón de actos do centro cívico de Xove desenrolase mercores unha xornada de educación vial dirixida “as persoas maiores do noso concello”. Esta Xornada forma parte das actividades do Programa de “Educación Vial” levado a cabo pola Unidade de Educación Familiar do Concello de Xove

Nota de Prensa

XORNADA DE “EDUCACIÓN VIAL”

Mañá, mércores 17 de decembro ás 19:0 horas,  vai ter lugar no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove unha XORNADA DE “EDUCACIÓN VIAL” dirixida a persoas maiores do noso Concello.
O programa desta Xornada vai selo seguinte:
-19:00 horas: Ponencia “Normas de Tráfico”, a cargo de D. Juan Manuel Escudero Crespo, Inspector-Xefe da Policía Local de Viveiro.
-20:00 horas: Ponencia “Actuación en accidentes de estrada” e “Os efectos secundarios da medicación asociados á conducción”, a cargo de D. Victorino Jul, coordinador de Emerxencias e Socorros da Cruz Vermella de Burela.
Esta Xornada forma parte das actividades do Programa de “Educación Vial” levado a cabo pola Unidade de Educación Familiar do Concello de Xove, en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico, ao longo de todo o ano 2008, e está dirixida a todas as persoas do Concello (conductores, peóns, pasaxeiros,…) interesadas no tema.

Exit mobile version