Site icon Crónica3.com A Mariña

Trucos da xente de ben para afrontar a crise

por Otero Regal

TRUCOS DA XENTE DE BEN PARA AFRONTAR A CRISE
Isto dos problemiñas económicos saca a flote esa lei non escrita tan de estes lares mariñáns da aparencia e a economía do ”que dirán”. As subas do 20% do polo, o 22 das cebolas ou o case 10 da pasta -a de comer, non a de gastar- súmase ás miñas propias fontes de información (un par de donos de bares, o da cafetería da esquina, o amigo hostaleiro e o do taller de coches, o precio do peixe que cando un merca un par de chicharros e paga relixiosamente ten a sensación que o que merca é caviar do Caspio, un par de dependentas, …).

Creo que moitos xa saberán de que falo, pero explícome. A vida sobe, sobre todo no referente á cesta da compra, e custa chegar co fin de mes. Dá para menos, pero o orgullo da xente ben pode e hai que intentar, ante todo, que non se note. Hai moitas fórmulas. A primeira é a de aforrar en produto básico. Aumenta no ‘Lupa’ o consumo de mortadela con olivas e o de leituga. As ensaladas están tan ricas… Encima vai un poñendose “cachas” ‘ para pasealo pola rúa de abaixo. E se alguén lle di que o ve máis delgado, contará, para incrementar a súa lenda, que agora dá clases de pilates e aerobic (si, en O Largueiro…). Nesta técnica é básico atiborrarse con motivo de convite a aniversario ou festividade desas ás que só me chaman porque son do mellorciño da parroquia…

E hai máis. Deixo o ‘Gin-Tonic’ e pásome á ‘Sanmi’, saco do armario a camisa de papá -versión ‘Cóntame’- porque poño de moda o ‘retro’ e paso do cine porque non hai boas pelis e agora reláxame dar paseos polo paseo marítimo dende as Sireas ata Portochao, toda a zoa marítima. Conclusión, non gasto un peso e vivo como un can, pero sigo sendo o do cochazo que dá voltas pola travesía, que luzo moreno de cando fun esquiar (non creo que os esquís entrasen no solario) e non perdo unha festa onde imos ‘os máis’.

Contáronme unha vez que alguén desta especie dixo que se ía a Maldivas de vacacións. Pillárono encerrado quince días nun piso de Cantarrana… Verídico sería que o vin nunha película.
Resumindo que e xerundio disto xa falou no seu dia Ramón Canosa e mais claro naide “Viveiro moito fandango e pouco diñeiro”. Claro que o mesmo sucede en Ribadeo, Mondoñedo, Foz, Burela e calquera dos outros núcleos e poboacións de A Mariña.

Exit mobile version