BURELA .- Unha alumna e un alumno do instituo de educación secundaria Perdouro de Burela acadaron o segundo e o terceiro premio do certame literario “Trapero Pardo” na categoría de 15 a 18 anos. O segundo premio foi para Tania Menéndez García, pola obra “Ben merecido” e o terceiro correspondeulle a Pablo Santomé Izquierdo, polo relato “Memorias dunha bisavoa”. Os traballos gañadores deste certame e os da anterior edición, recolléranse nunha publicación que o Concello de Lugo proxecta editar o ano que vén.