Site icon Crónica3.com A Mariña

Segundo o BNG Cervo valora renunciar ao cobro do 70% do que lle deben as construtoras

NOTA DE PRENSA:

O GOBERNO MUNICIPAL DE CERVO VALORA A POSIBILIDADE DE RENUNCIAR A UN 70… DO 1.300.000 EUROS QUE ASTUNOSA DEBE AO CONCELLO DE CERVO.

O goberno municipal solicitou asesoría xurídica a Deputación para valorar a oferta de Astunosa para facer efectivos a tres anos vista o 33.33… do 1.272.509,42 euros que a promotora debe ao concello.

Con esta medida evidenciase a falla de seguridade xurídica do Convenio de Infraestruturas e Servizos asinado entre o concello e 4 promotoras que o BNG denunciou en reiteradas ocasións.

Mediante escrito dirixido a asesoría xurídica da Deputación de Lugo asinado polo alcalde, solicitase informe xurídico en relación a proposta da Inmobiliaria Astunosa Servicios Inmobiliarios, actualmente en proceso concursal e cunha débeda co concello de Cervo por importe de 1.270.000 euros derivado do Convenio de Infraestruturas e Servizos asinado en decembro de 2006 con catro promotoras inmobilarias, entre as que se atopa a referida Astunosa. Esta empresa tiña licenza municipal para construír en San Cibrao 572 vivendas, das que so están en execución 2 fases e neste momento as obras están paralizadas por razóns obvias.

O BNG SEMPRE CRITICOU O CONVENIO POLA SUA INSEGURIDADE XURIDICA, AGORA OS FEITOS DANNOS A RAZON.

A solicitude do goberno municipal de asesoramento xurídico en relación a oferta da promotora para aceptar o pago do 33,33… do montante total da débeda, supón a evidencia de que tal convenio, que non contaba con avais bancarios que aseguraran o cobro dos pagares nas datas previstas, era papel mollado sen seguridade xurídica algunha no caso de incumprimento da promotora dos seus compromisos

Exit mobile version