Site icon Crónica3.com A Mariña

Segundo o alcalde de Burela o Pacto Territorial polo Emprego poñerase en marcha con cinco profesionais

BURELA .- O alcalde de Burela e presidente da Asociación Impulsora do Pacto Territorial polo Emprego na Mariña, Alfredo Llano, acudiu esta semana a Lugo a un encontro preparatorio de dito pacto “e estivemos a ver as titulacións que se lles esixirán aos cinco profesionais que traballarán na UPD da nosa comarca2.

Llano explica que un dos postos será ocupado por un enxeñeiro naval ou por un enxeñeiro técnico industrial; outro será un licenciado en Ciencias Políticas ou en Socioloxía; outro dos postos contará cun licenciado en Económicas ou Dirección de Empresas ou un diplomado en Empresariais; outro posto será ocupado por un enxeñeiro agrónomo, por un enxeñeiro de montes ou por un enxeñeiro técnico forestal e o quinto posto de traballo será para un administrativo. Segundo o presidente desta asociación impulsora “no caso do administrativo esixirase que teña experiencia dun ano nun posto similar e para o resto non. Acudiremos ás oficinas de emprego da comarca para cubrir estas prazas e senón fose posible atopar a estes profesionais nesta zona teríamos que abrir máis o abanico de busca. O que queremos é que estas profesións abarquen un espectro importante para planificar do mellor xeito posible o pacto territorial polo emprego nesta comarca”.

Alfredo Llano engade que “a vindeira semana seguiremos a traballar e comezaremos elaborar as bases de contratación de dito persoal que faremos públicas no seu momento”.

Exit mobile version