Site icon Crónica3.com A Mariña

Rematou con éxito a campaña de promoción do Centro Comercial Aberto de Ribadeo

RIBADEO .- Rematou con éxito a campaña de outono Rasca e gaña que desenvolveu o Centro Comercial Aberto de Ribadeo entre o 15 de outubro e finais do pasado mes de novembro. O CCA repartiu uns 2.000 euros en 10 premios de 100 euros cada un; 50 premios de 10 euros e 100 premios de 5 euros. A entrega dos vales estívose a facer afectiva nas instalacións do CCA de Ribadeo ata o pasado luns 1 de decembro. Os vales son canxeables nos establecementos do CCA sen límite de data.

Os premios de 100 euros foron repartidos por: Tábata, Kaos, Peluquería Slalom’s, Otzi, Cafá Bar Gayoso, Cafetería Rosa Lar e Apartamentos Turísticos Escuder.

A xerente do CCA, Beatriz Irigoyen, amósase satisfeita “pola acollida que tivo entre os nosos asociados esta campaña e tamén entre os clientes deses locais aos que agardamos animar a comprar en Ribadeo con iniciativas coma esta”.

Nadal

O Centro Comercial Aberto de Ribadeo sorteará este Nadal 12.000 euros en vales de compra para gastar nos establecementos da vila. A campaña arranca de xeito oficial no día de hoxe e prolongarase ata o vindeiro 5 de xaneiro.

Este ano volta o sorteo de Reis que adxudica os premios aos boletos cuxos números coincidan cos premiados do Sorteo del Niño que se celebra en xaneiro. Haberá un primeiro premio de 6.000 euros, consistente nunha paga mensual de 500 euros durante un ano; un 2º premio de 3.600 euros, consistente noutra paga mensual de 300 euros durante un ano e despois haberá 12 premios de 200 euros cada un que se entregarán directamente. Os establecementos asociados van repartir entre a súa clientela desde hoxe e ata o 5 de xaneiro os boletos que entrarán en dito sorteo.

Os asociados do CCA terán tamén tickets para regalar aos seus clientes e así permitir o

Exit mobile version