NOTA DE PRENSA
PSOE E PP NEGÁRONSE A APOIAR EN PLENO A PROPOSTA DO BNG PARA USO DO FONDO ESTATAL DE INVESTIMENTOS PARA CONCELLOS SEN PRESENTAR ALTERNATIVAS.
O BNG pretendía aproveitar o Fondo Estatal para sentar as bases da extensión da rede de saneamento a todo o territorio municipal e conectala á futura estación depuradora.
Cervo, 26 de decembro de 2008. O pleno de carácter extraordinario solicitado polo PSOE debateu hoxe a aprobación dun Plan de Obras no que se incluía como única proposta a presentada polo BNG para a elaboración dun proxecto que permitira a extensión das redes de saneamento a todo o termo municipal mediante a execución de sendas redes de evacuación nas cuncas dos Ríos Covo e Xunco ate a zona de Cuíña onde está prevista a planta depuradora.
O BNG tiña presentado dende o 10 de decembro esta proposta de actuación para uso dos 845.000 euros que o Fondo Estatal de Investimentos Municipal destina ao concello de Cervo para obras. O PSOE que solicitara pleno extraordinario para tratar este tema nin presentou proposta concreta de actuación previa á comisión informativa nin tampouco o fixo na mesma, ao non enviar ningún representante a esta comisión que se convocou para o 22 de decembro na que quedou ditaminada a proposta nacionalista ao ser a única existente, tampouco o grupo de goberno presentou ningunha.
PSOE E PP VOTARON EN CONTRA A PESAR DE VALORAR COMO BOA A INICIATIVA NACIONALISTA.
O BNG dixo non entender as posicións dos dous partidos estatais que valoraron positiva a proposta nacionalista, mais negáronse a votala afirmativamente; no caso do PP por non incluír os proxectos a executar e o PSOE por que non quería que fose debatida en pleno, senón que se debatera a súa que foi presentada fora de prazo.
O BNG lamentou a actitude destes dous partidos que no primeiro caso a pesar de estar no goberno municipal aínda non ten previsto o que vai facer co fondo estatal e négase a aceptar a proposta nacionalista cunha escusa insostíbel, xa que e calquera caso deberán ser técnicos municipais quen elaboren os proxectos. O do PSOE aínda é mais grave tendo en conta que se trataba da formación que solicitou pleno extraordinario e non presentou proposta concreta algunha até despois da comisión informativa e pretendeu no transcurso do pleno eliminar a dio BNG; “os nacionalistas acusaron á portavoz socialista Lara Méndez, de estar mais preocupada pola súa promoción persoal na Deputación de Lugo que polos asuntos do concello de Cervo.