Site icon Crónica3.com A Mariña

Propietarios de Foxo non creen o que lles dixeron no Concello de Burela e alegan ante a Xunta

BURELA .- Propietarios afectados polo plano sectorial do Solo Residencial na zona de Foxo de Burela aseguran que “o que se lles dixo na reunión convocada polo concello o martes sobre a compra dos terreos é falso”. Os afectados presentaron un escrito conxunto de alegacións dirixido á Xunta de Galicia, por entender que se vulnera o dereito á propiedade e o todo o que elo conleva. Os asinantes do escrito mantiveron o mércores unha reunión para constituírse como asociación.

NOTA DE PRENSA

Propietarios afectados polo Plano Sectorial do Solo Residencial na zona de Foxo de Burela veñen de presentar un escrito conxunto de alegacións dirixido á Xunta de Galicia, por entender que se vulnera o dereito á propiedade e o todo o que elo conleva.

Os propietarios afectados asinantes do escrito mantiveron onte, mércores, unha reunión para constituirse como asociación de afectados e de defensa dos seus intereses, partindo da súa non oposición á construcción de vivenda protexida, pero amosando o seu total rexeitamento ó xeito co que se están levando a cabo os trámites para a aprobación deste Plano Sectorial.

Os afectados consideran que o dereito á vivenda está contemplado na constitución, pero que a mesma constitución salvagarda o dereito á propiedade.

Para este grupo de propietarios afectados, o que se lles dixo na reunión convocada polo concello o martes sobre a compra dos terreos é falso, porque o propio documento oficial fala de expropiación. Tamén é mentira a posibilidade de permuta, porque, se a Xunta expropia en Foxo, e non tén terreo noutro sitio, xa nos explicarán como se fai a permuta; é materialmente imposible.

Os propietarios consideran que a Xunta sacou a exposición pública o Plano Sectorial con alevosía e sen información previa ós interesados, co que a indefensión á hora de presentar alegacións é absoluta, xa que, por riba, a información que se tivo tanto por parte do concello coma da propia Xunta chegou tarde, e tampouco se lles facilitou ningún documento que serva como información veraz.

Os propietarios afectados consideran que o concello tiña a obriga de facilitar a información coa antelación suficiente coma para facilitar os trámites das persoas que desexan alegar.

Os interesados queren deixar claro que esperan que o concello tamén presente as alegacions pertinentes, porque tal e como se están facendo as cousas a Xunta queda libre da afectación dos cincocentos metros, pero os propietarios, a título individual, non podemos levantar tal efectación.

Ademais, consideramos que o concello debe intervir, porque de levarse este plano adiante, o PXOM quedará mui condicionado, e tamén quedará condicinada a edificabilidade futura xa non de Foxo, senon de outras zonas de Burela.

Exit mobile version