O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, convocou para o 24 de decembro o pleno extraordinario solicitado pola oposición para analizar, consensuar e propoñer as obras que o Concello incluirá nos fondos de inversión municipal do goberno estatal. O prazo de solicitude para presentar os proxectos remata o 20 de xaneiro. Barreiros recibirá 574.504 euros.