NOTA DE PRENSA
O GMPP lembra que está disposto a chegar a acordos sobre o presuposto de 2009.
Os populares demandan que os obxectivos presupostarios sexan rigurosos, porque en 2008 houbo bastante derroche .
Lembran que pediron por escrito que se consensuase o presuposto entre os tres grupos políticos.
O GMPP volveu hoxe a lembrarlle ó alcalde e ó bigoberno burelés que os populares están dispostos a chegar a un acordo sobre os presuposotos municipais para 2009, tal e como manifestaron por escrito hai xa dúas semanas, sen que hasta o momento ninguén se dirixira a eles para falar do asunto.
Os populares consideran que neste momento de crise económica galopante, que está afectando directamente ós veciños e veciñas do concello de Burela, con incremento de paro de 11’3%, superior en dous puntos á media da comarca, e que no mes de Novembro cáseque dous bureleses foron ó paro cada día, os grupos políticos están obrigados a facer un esforzo e chegar a acordos nas liñas maestras de xestións dos orzamentos municipais. Orzamentos que deben pasar por un total e absoluto rigor de definición e de clarificación de obxectivos, escapando do derroche e dilapidación de fondos públicos que presidiu a xestión económica do alcalde e de Nieves Cando en 2008.
Tanto é así, que xa a mediados de ano había millón e medio de euros que non se daban recaudado, e posiblemente a estas alturas de ano sexan máis, co que se confirma que os presupostos do presente ano naceron inflados
O PP lembra que xa en varias ocasións fixo propostas ó respecto, como crear fondos para axudar ás familias máis desfavorecidas e ós comerciantes, autónomos e pequenas e medianas empresas; igualmente, considera o PP que hai que reducir o gasto corrente e tamén, os gastos diversos, gastos diversos que non son productivos. A conxelación do soldo dos políticos é un xesto, que a estas alturas debe explicar o alcalde como é que hai tres meses decía que era unha bobada e agora vai aplicalo.
Con todo, os populares confían en que o alcalde non faiga como fixo coas ordenanzas, salir decindo que se falaría na comisión informativa, porque eso é unha bobada: as negociacións e os acordos hai que facelas e adoptalos antes, con tempo suficiente e sen presas, porque ás comisións xa van as propostas da alcaldía debidamente asinadas.