Site icon Crónica3.com A Mariña

Pide consenso o BNG de Cervo para investir 845 mil euros de axudas estatais

Nota de Prensa

O BNG FORMALIZOU A SUA APOSTA POLO SANEAMENTO DA ZONA RURAL DO CONCELLO COS FONDOS DO ESTADO PARA INVESTIMENTO MUNICIPAL.

Solicitou a convocatoria dunha xunta de portavoces na Comisión de Obras para consensuar as actuacións a realizar en Cervo con cargo aos 845.296 euros que corresponden ao concello.

Os nacionalistas apostan por sentar as bases para dotar de saneamento as zonas rurais do concello para lograr a equiparación deste servizo coa zona urbana do municipio.

CONVOCATORIA DA COMISIÓN DE OBRAS
O BNG solicitou mediante escrito dirixido á alcaldía a convocatoria dunha xunta de portavoces no marco da Comisión de Obras para valorar as propostas dos grupos de cara á presentación de proxectos de actuación a desenvolver no concello con cargo ao Fondo de Investimento Municipal aprobado polo Consello de Ministros o 28 de novembro pasado. A Comisión de Obras de Cervo foi aprobada polo Pleno da Corporación o 6 de xullo de 2007 a proposta da alcaldía, tendo como fin “o estudo, o informe e a consulta de asuntos referentes á planificación, realización e desenvolvemento de obras da Corporación”. Esta comisión nunca chegou a convocarse, polo que dende o BNG, reclamouse a súa posta en funcionamento e estreno a fin de valorar, e si é posíbel chegar a acordos, sobre as obras a executar no concello con cargo ao fondo estatal de xeito que estas se aproben coa maior rapidez posíbel nunha sesión plenaria posterior.

OS NACIONALISTAS APOSTAN POR POÑER AS BASES PARA O SANEAMENTO DA ZONA RURAL DO CONCELLO.
Dende o BNG cremos que tódolos veciños do concello deben aspirar a disfrutar dos mesmos servizos en igualdade de condicións polo que a achega excepcional dos fondos de inversión local debe aproveitarse para por en marcha actuacións de carácter estrutural que sirvan para desenvolver a medio prazo unha autentica rede de saneamento e depuración de augas residuais na totalidade do termo municipal.

A partir deste principio, no mesmo escrito manifestouse a aposta do BNG polo saneamento da zona rural do concello que hoxe non dispón deste servizo, por este motivo entendemos que Cervo precisa de dúas grandes redes de evacuación de augas residuais que cubran as cuncas fluviais onde maioritariamente se asenta a poboación do municipio, que permitan conectar as zonas altas do concello dende a Parroquia de Rúa ate Sargadelos no Río Xunco e continuación ate Cuiña, así como outra que permita a evacuación dende Trasbar ate a conexión coa rede en Río Covo no caso da cunca do Covo. A creación desta infraestrutura é básica para desenvolver no futuro as redes complementarias nos diferentes núcleos de poboación e conexión coas plantas depuradoras.

Exit mobile version